DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 23 de novembro de 2026 Páx. 58054

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 27 de xuño de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Axencia Galega de Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 19 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A Orde do 19 de decembro de 2025 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2026), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego.

Estas axudas foron adxudicadas pola Resolución do 27 de xuño de 2026 (DOG núm. 125, do 7 de xullo).

A Orde do 19 de decembro de 2025 establece no seu artigo 20 que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión, e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

No mesmo artigo 20 tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a competencia para adxudicar unha nova axuda lle corresponde á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

De acordo co anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada polo solicitante da axuda adxudicada na Resolución do 27 de xuño de 2026 que se indica a seguir:

Nº expediente

Univ.

Nome e apelidos

Data da renuncia

Cap. IV 2026

Cap. IV 2027

Cap. VII 2027

Cap. IV 2028

Cap. VII 2028

Cap. IV 2029

Cap. VII 2029

ED481D-2026-029

UDC

Carolina Rodríguez Lorente

Non asina o contrato

1.000,00

35.812,36

11.000,00

39.950,00

11.000,00

46.937,64

11.000,00

Segundo. Adxudicar as axudas correspondentes ás persoas da lista de espera con data de comezo prevista para os contratos do 1 de xaneiro de 2027:

Nº expediente

Univ.

Nome e apelidos

Cap. IV 2027

Cap. VII 2027

Cap. IV 2028

Cap. VII 2028

Cap. IV 2029

Cap. VII 2029

Cap. IV 2030

ED481D-2026-014

USC

Antonio Giráldez López

30.212,50

11.000,00

39.950,00

11.000,00

39.950,00

11.000,00

13.587,50

Terceiro. A distribución resultante por universidades é a seguinte:

Univ.

Nº de axudas

Aplicación

2026

2027

2028

2029

2030

Total

UDC

1

07.02.561B.444.0

1.000,00

35.812,36

39.950,00

46.937,64

0,00

123.700,00

07.02.561B.744.0

0,00

11.000,00

11.000,00

11.000,00

0,00

33.000,00

Total

1.000,00

46.812,36

50.950,00

57.937,64

0,00

156.700,00

USC

13

07.02.561B.444.0

12.000,00

459.960,82

519.350,00

603.201,68

13.587,50

1.608.100,00

07.02.561B.744.0

0,00

143.000,00

143.000,00

143.000,00

0,00

429.000,00

Total

12.000,00

602.960,82

662.350,00

746.201,68

13.587,50

2.037.100,00

UVigo

6

07.02.561B.444.0

6.000,00

214.874,16

239.700,00

281.625,84

0,00

742.200,00

07.02.561B.744.0

0,00

66.000,00

66.000,00

66.000,00

0,00

198.000,00

Total

6.000,00

280.874,16

305.700,00

347.625,84

0,00

940.200,00

Total

SUG

20

07.02.561B.444.0

19.000,00

710.647,34

799.000,00

931.765,16

13.587,50

2.474.000,00

07.02.561B.744.0

0,00

220.000,00

220.000,00

220.000,00

0,00

660.000,00

Total SUG

19.000,00

930.647,34

1.019.000,00

1.151.765,16

13.587,50

3.134.000,00

Cuarto. Pechar a lista de espera.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Artigo 20 da Orde do 19.12.2025)
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades