O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante un decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.
O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.
O Concello de Arteixo solicitou á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade dunha superficie de terreo situado na zona de dominio público da estrada AC-552, na marxe dereita, entre os puntos quilométricos 12+830 e 12+960. A finalidade do Concello é incorporar ao espazo lúdico e deportivo do Centro social de Lañas as parcelas de referencias catastrais 15005A01000056 e 15005A01000057.
De conformidade cos informes emitidos polos servizos competentes, a Axencia Galega de Infraestruturas formula a proposta favorable á transferencia de titularidade, a prol do Concello de Arteixo, da superficie de dominio público viario da estrada AC-552 que se define no artigo 1. Esta transferencia non supón a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forma parte a estrada AC-552, ao non afectar a súa continuidade.
De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de novembro de dous mil vinte e seis,
DISPOÑO:
Artigo 1
Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Arteixo, da seguinte superficie de dominio público viario (DPV) da Rede autonómica de estradas de Galicia:
|
Nº |
Transferencia |
Inicio |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29N) |
Final |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29N) |
Superficie DPV (m²) |
|
1 |
Superficie de DPV da AC-552 ao longo do Centro social de Lañas |
p.q. 12+850 MD AC-552 |
X=538.227 Y=4.793.455 |
p.q. 12+970 MD AC-552 |
X=538.147 Y=4.793.360 |
418 |
Artigo 2
De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
A acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 3
Correspóndenlle ao Concello de Arteixo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do DPV transferido, así como calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.
Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
