DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 23 de novembro de 2026 Páx. 58110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto dun campamento de turismo no lugar de Piñarrostro, na parroquia da Cova, no concello de Carballedo (Lugo) (expediente 2026/0002).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 6 de novembro de 2026, do proxecto dun campamento de turismo no lugar de Piñarrostro, na parroquia da Cova, no concello de Carballedo (Lugo), promovido por Cala Verde Sanxillao, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade