De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 6 de novembro de 2026, do proxecto de ampliación dunha explotación de gando de vacún de leite no lugar de Fontorto, na parroquia de Boado, no concello de Mesía (A Coruña), promovido por Ganadería Carro, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
