De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento dos deberes de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e de acordo cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando se ignore o lugar de notificación á persoa interesada, notificarase, por medio de anuncio publicado no Boletín oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado a continuación.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
A comparecencia realizarase nas dependencias municipais do concello de Arbo, na praza Consistorio, 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Arbo, 2 de novembro de 2026
Horacio Gil Expósito
Alcalde
