En sesión que tivo lugar o 11 de novembro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de abril de 2023 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),
ACORDOU:
Primeiro. En execución da Sentenza 00746/2025, ditada pola Sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de decembro de 2025 no procedemento ordinario núm. 342/2024, este tribunal acordou modificar a Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG núm. 184, do 24 de setembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso, con relación ás puntuacións da persoa aspirante que a continuación se indica, que pasa a ter as seguintes puntuacións:
|
NIF |
Apelidos e nome |
Experiencia profesional II.2.2.1 |
Experiencia profesional II.2.2.2 |
Total experiencia profesional |
Formación |
Total puntuación |
|
***4572** |
Vila Salgado, Rubén |
0,00 |
17,20 |
15,00 |
2,58 |
17,58 |
Segundo. Como consecuencia da modificación da puntuación do baremo definitivo, a dita persoa aspirante ve incrementada a súa puntuación total no proceso selectivo, o que comporta a súa inclusión na relación de persoas que superan o citado proceso. Deste xeito, o tribunal engade esta persoa aspirante na relación de persoas aprobadas coas puntuacións que se publican no cadro anexo.
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a nova persoa aspirante que superou o proceso disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.
Terceiro. Elevar esta nova relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026
Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal
ANEXO
|
NIF |
Apelidos e nome |
Acceso |
1º exercicio |
2º exercicio |
3º exercicio |
Concurso |
Total |
|
***4572** |
Vila Salgado, Rubén |
Libre |
21,99 |
22,80 |
Apto |
17,58 |
62,37 |
