O 18 de novembro de 2026 publicáronse no DOG núm. 221 as seguintes resolucións:
Resolución do 16 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 15 de maio).
Resolución do 16 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 15 de maio).
Resolución do 16 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de condución, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 15 de maio).
Resolución do 16 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 15 de maio).
Advertidos erros nas datas de acreditación inicial da documentación xustificativa da exención da proba de acreditación do coñecemento do idioma galego, procede modificar as listaxes aprobadas polas ditas resolucións. Polo anterior, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar e publicar no portal web corporativo (https://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp) unha modificación das listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas en relación coa exención da realización da proba de acreditación do coñecemento do idioma galego dos ditos procesos selectivos.
Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
