No Diario Oficial de Galicia número 189, do 5 de outubro de 2026, publícase a Resolución do 25 de setembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2026-2030, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632J).
Instruído o procedemento de conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria, valorada a solicitude e á vista da proposta de adxudicación, o órgano competente dita a resolución de adxudicación, que pon fin ao procedemento.
A base décimo novena da Resolución do 25 de setembro de 2026 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e producirá os efectos de notificación.
Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de novembro de 2026 ditada no procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2026-2030 (código de procedemento BS632J), que se xunta a esta resolución como anexo, e coa que finaliza o procedemento.
Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.
Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de selección e preferencia da entidade.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026
Perfecto Rodríguez Muíños
Director xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Resolución de adxudicación
Resolución do 11 de novembro de 2026 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2026-2030 (código de procedemento BS632J)
A través da Resolución do 25 de setembro de 2026 publicáronse as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2026-2030 (código de procedemento BS632J) co obxectivo de seleccionar a entidade prestadora dos citados servizos.
Na antedita resolución establecíase que o prazo de presentación das solicitudes era dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O 23 de outubro de 2026, dentro do prazo establecido, presentou solicitude a entidade Asistencia Integral Personalizada, S.L., con NIF B27414325.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Comisión de Valoración, na súa reunión do 6 de novembro de 2026, comprobou que, de acordo coa documentación achegada, a entidade solicitante reúne os requisitos establecidos na base oitava da Resolución do 25 de setembro de 2026 e cumpre cos criterios de selección recollidos na base décimo sétima da mesma convocatoria.
A Comisión de Valoración emitiu o correspondente informe, no que se recolle a valoración da solicitude presentada ao concerto social.
A Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade, como órgano instrutor do procedemento, formulou a proposta de adxudicación de conformidade co mencionado informe.
Por todo o exposto, e vista a proposta de adxudicación efectuada pola Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade,
RESOLVO:
Primeiro. Seleccionar a entidade indicada no resolvo segundo para a execución do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2026-2030 (código de procedemento BS632J), en aplicación dos criterios de selección da base décimo sétima da Resolución do 25 de setembro de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 189, do 5 de outubro de 2026.
Consonte os criterios de selección establecidos na citada base, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade admitida no procedemento:
|
Criterios de selección |
Puntuación |
|
A antigüidade da inscrición da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais é de 15 anos. |
10 puntos |
|
A antigüidade da inscrición da autorización do centro no concello de Bóveda é de 14 anos. |
10 puntos |
|
Inclúe dúas medidas concretas en materia de conciliación (a planificación anticipada das quendas e a flexibilidade por motivos persoais). |
10 puntos |
|
Total |
30 puntos |
Segundo. Adxudicar o concerto social á entidade Asistencia Integral Personalizada, S.L., con NIF B27414325, nos termos e nas condicións que se indican a continuación:
Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a súa formalización (prevista para o 1 de decembro de 2026) ata o 30 de novembro de 2030.
Servizo concertado: 24 prazas do servizo de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental (duais), código 020507.
Módulo económico do servizo concertado:
|
Prezo/praza mes (sen IVE) |
IVE (4 %) |
Prezo total |
|
3.765,69 €/mes |
150,63 € |
3.916,32 €/mes |
Centro: Residencia Discapacidade Neural Mentalia Bóveda (con número de rexistro E-5547-C-1) no Concello de Bóveda.
O importe da adxudicación (IVE incluído) e a súa distribución por anualidades é o seguinte:
|
Aplicación orzamentaria: 08.04.312D.228.2 |
||||
|
Ano |
Orzamento base |
IVE (4 %) |
Total orzamento |
Achega Administración |
|
2026 (1 mes) |
90.376,56 € |
3.615,06 € |
93.991,62 € |
81.772,71 € |
|
2027 |
1.084.518,72 € |
43.380,75 € |
1.127.899,47 € |
981.272,54 € |
|
2028 |
1.084.518,72 € |
43.380,75 € |
1.127.899,47 € |
981.272,54 € |
|
2029 |
1.084.518,72 € |
43.380,75 € |
1.127.899,47 € |
981.272,54 € |
|
2030 (11 meses) |
994.142,16 € |
39.765,69 € |
1.033.907,85 € |
899.499,83 € |
|
Total concerto |
4.338.074,88 € |
173.523,00 € |
4.511.597,88 € |
3.925.090,16 € |
Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, conforme o disposto na base vixésimo primeira da Resolución do 25 de setembro de 2026, en concordancia co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A resolución de concertación publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e producirá os efectos de notificación, consonte dispón a base vixésima da Resolución do 25 de setembro de 2026 e o artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Todo iso de conformidade co establecido nos artigos 112, 114, 115, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 8, 14.2 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que consideren procedente.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Base décimo oitava da Resolución do 25 de setembro de 2026). Perfecto Rodríguez Muíños, director xeral de Persoas con Discapacidade.
