DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58163

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).

A Consellería con competencias en materia de Cultura, Lingua e Xuventude convocou, para o ano 2026, a través da Orde do 11 de maio de 2026 as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia núm. 93, do 21 de maio).

Mediante a Resolución do 29 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, publícase a Resolución do 28 de xullo de 2026 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da devandita Orde do 11 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 147, do 6 de agosto de 2026).

O artigo 16 da orde de convocatoria establece a data límite para presentar a documentación de xustificación dos gastos e do cumprimento das accións do proxecto subvencionado no día 15 de outubro de 2026.

Así mesmo, no devandito artigo 16 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez que o órgano de instrución revisou as xustificacións presentadas ao abeiro da devandita orde de convocatoria, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben porque non a presentaron, ben porque esta contén erros ou porque non é suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 16.3 da devandita orde establece que, logo de que transcorra o prazo establecido de xustificación sen que se presente esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no devandito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Presentar a xustificación no devandito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento o 13 de novembro de 2026, no que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño e co artigo 45 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026.

Data do acto: 13 de novembro de 2026.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que se relacionan a seguir terán un prazo máximo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Relación de expedientes:

Número de expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B 2026/032

Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA)

G70578083

– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (artigo 16.1.d)

BS508B 2026/034

Asociación Alcer-Coruña, para a Loita contra as Enfermidades do Ril

G15058647

– Anexo III (artigo 16.1.c): asinado
– Anexo IV (artigo 16.1.d): asinado
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2026/037

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra.

COGAMI-Pontevedra

G36704195

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/042

Federación Alcer Galicia

G70474556

– Memoria económica (artigo 16.1.b). Ampliar a imputación de gastos de persoal
– Xustificantes de pagamento das cotas da Seguridade Social e do IRPF

(artigo 16.1.d.4º)

BS508B 2026/043

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

– Anexo III/Anexo IV (artigo 16): os gastos totais do proxecto deben coincidir
– Xustificantes de recepción da liquidación das axudas de custo das persoas voluntarias (artigo 16.1.d.2º)
– RNT, RCL do mes de setembro e xustificante de pagamento (artigo 16.1.d.4º)
– 111 do terceiro trimestre e xustificante de pagamento (artigo 16.1.d.4º)

BS508B 2026/044

Traviesas Hockey Club

G36680239

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/045

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (ANEDIA)

G94079050

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/056

Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela

G70521240

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/059

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/064

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/071

Asociación Participación

G32477127

– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria

(artigo 16.1.d.6º)

BS508B 2026/083

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto

(artigo 16.1.d.3º)
– Achegar a acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito e da súa asociación á conta da entidade

(artigo 16.1.d.1º)

BS508B 2026/089

Asociación Consejo Español para la Defensa de la Discapacidad y la Dependencia Galicia

G55429922

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/094

Asociación Española contra el Cáncer (AECC)/Xunta Provincial de Ourense

G28197564

– Anexo III (artigo 16.1.c)
– Anexo IV (artigo 16.1.d)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B 2026/097

Federación Galega de Piragüismo

G36040764

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/099

Asociación Amigas da Terra

G32242422

– Follas de liquidación de gastos asinadas pola persoa responsable da entidade e pola persoa receptora (artigo 16.1.d)
– Revisar a información das follas de liquidación (artigo 16.1.d)
– Anexo IV: só son imputables facturas comprendidas no período de execución do proxecto (artigo 5)

BS508B 2026/100

Asociación Auxilia-Lugo

G08317059

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/102

Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace

G36153757

– Anexo IV (artigo 16.1.d)

BS508B 2026/104

Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer

(FAGAL)

G15656739

– Memoria económica (artigo 16.1.b)
– Acreditación de ter debidamente subscritos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes das persoas voluntarias durante todo o período de execución do proxecto (artigo 3.c)
– Copia das facturas e documentación acreditativa do seu pagamento

(artigo 16.d.1º)

BS508B 2026/109

Asociación Síndrome de Down da Coruña

G15731466

– Anexo IV (artigo 16.1.d): revisar gasto computable
– Memoria económica (artigo 16.1.b)
– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto

(artigo 16.1.d.3º)
– RLC de xullo
– Revisar a orde indicada na declaración da Federación sobre a orixe dos fondos de cofinanciamento

BS508B 2026/110

Asociación Solidariedade Internacional de Galicia

G36833648

– Anexo III (artigo 16.1.c): asinado
– Anexo IV (artigo 16.1.d): asinado
– Anexo IV e memoria económica: revisar a relación de gastos indicados para que sexan acordes coas datas do proxecto

BS508B 2026/111

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

– Anexo III (artigo 16.1.c): revisar o punto segundo
– Remitir a copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria

BS508B 2026/114

Fundación Museo do Videoxogo de Galicia

G94202223

– Anexo IV: enviar completo e debidamente asinado, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d
– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo IV, de ser o caso.
– Memoria de actividades: adaptar aos cambios do anexo IV, de ser o caso.
– Anexo III: adaptar aos cambios do anexo IV, de ser o caso.

BS508B 2026/115

Asociación Sustinea

G32422834

– Xustificación da axuda concedida

(artigo 16)

BS508B 2026/116

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

– Memoria das actividades realizadas

(artigo 16.1.a.)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)
– Anexo IV: enviar completo e debidamente asinado, xunto coa documentación establecida no artigo 16.1.d

BS508B 2026/118

Asociación Altair Galiza

G27439124

– Anexo III: revisar punto segundo

(artigo 16.1.c)