O 25.2.2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 25 de febreiro, a Resolución do 10 de febreiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU301C).
O artigo 6 da Resolución de 10 de febreiro de 2026 establece que as subvencións reguladas ao abeiro desta resolución se financiarán con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos mil euros (200.000,00 €), aplicación orzamentaria 06.82.542B.760.00.
O artigo 7 da Resolución do 10 de febreiro de2026 prevé a posibilidade de ampliar o crédito nas circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Consonte o exposto, actualmente na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible, polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.
De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,
RESOLVO:
Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario
Ampliar o importe total do crédito das subvencións establecidas na Resolución do 10 de febreiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU301C).
Na seguinte táboa detállase o crédito definitivo:
|
Crédito |
Conta financeira |
Importe |
|
Inicial |
6566 (subvencións de capital a corporacións locais) |
200.000,00 € |
|
Ampliación |
6566 (subvencións de capital a corporacións locais) |
2.000,00 € |
|
Total |
202.000,00 € |
|
Esta resolución producirá efectos consonte o previsto no artigo 39.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2026
O presidente de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional segunda da
Resolución do 10.2.2026, DOG núm. 37, do 25 de febreiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
