Expediente: IN407A 2026/207-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Recuamento CT Balneario (15CSJ6).
Concello: Arteixo.
Feitos:
1. O día 30.7.2026 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, coa finalidade de atender a petición de recuamento dun centro de transformación existente.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presenta o proxecto de execución denominado Recuamento CT Balneario (15CSJ6), asinado o día 22.7.2026 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica co número de colexiada 2.033 da Coruña.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de acordo co artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo a Augas de Galicia e ao Concello de Arteixo como entidades afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para tal efecto.
4. O día 29.10.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na Praza do Balneario, no concello de Arteixo, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Recuamento do centro de transformación existente Balneario (15CSJ6), expediente IN407A 2003/179-1 de 630 kVA tipo caseta prefabricada, a outro de tipo subterráneo ventilación vertical prefabricado con envolvente de formigón 2L+1P de 630 kVA de potencia, alimentado pola liña SBN714 procedente da subestación de Sabón.
– Novo tramo de liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con inicio en empalmes a realizar en punto de acceso á rede proxectado na liña SBN714 e final no mesmo punto despois de facer entrada e saída no novo CT, cunha lonxitude de 32 metros.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
b) A instalación executarase no prazo de dous anos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, a empresa promotora deberá presentar ante este departamento territorial unha solicitude canda a cal achegará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e a posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 2 de novembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
