Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS, reconectador e CT Fontecova.
Situación: Redondela.
Descricións técnicas:
• Instalación dun reconectador telecontrolado e un paso aerosubterráneo no apoio A5CFMLH7//A5CFMLH7 da liña de media tensión aérea (LMTA) RED709-Portela 9.
• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1 3x(1x240), de 178 metros de lonxitude, con orixe nese apoio A5CFMLH7//A5CFMLH7 e final no centro de transformación proxectado.
• Centro de transformación compacto de 250 kVA, 2L+1P, en envolvente prefabricada, telecontrolado e telexestionado, con relación 15000/400 V.
• A instalación está situada na estrada da Fonte Cova, en Vilar do Mato, na parroquia de Ventosela, no concello de Redondela (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, no Edificio Administrativo Campolongo; avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 2 de novembro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2026/209-4.
Denominación: LMTS, reconectador e CT Fontecova.
Concello: Redondela.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións pleno dominio CT m2 |
|
1 |
A Fonte Cova |
Rústico agrario |
36045A017001610000WE |
Amparo Bouzón López |
31,93 |
