Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMT e CT Cidadelle.
Situación: Redondela.
Características técnicas:
– Substitución do apoio A1V4DFLK//52-2 por un apoio de celosía metálica tipo C-1000/16, no cal se instalará un paso aéreo-subterráneo.
– Retensado da liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV con condutor LAC-80 mm2 Al, de 268 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A1WFA0MD//52-1 e final no apoio existente A1TG98SU//52-3.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), de 55 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado e final no centro de transformación proxectado.
– Liña de media tensión subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), de 1.043 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado e final noutro centro de transformación proxectado no expediente IN407A 2026/139-4 (CT Trasmañó).
– Centro de transformación compacto, con manobra exterior, 2L+1P, de 250 kVA, situado na parcela con referencia catastral 36045A049005020000WK.
A instalación está situada nos lugares de Trasmañó e Cidadelle, na parroquia de Chapela, no concello de Redondela (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos a expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como tamén no portal da mencionada consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 2 de novembro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. de expediente: IN407A 2026/183-4.
Denominación: LMT, CT Cidadelle.
Concello: Redondela.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||||
|
CT m2 |
Apoio |
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
nº |
m2 |
||||||||
|
1 |
CM do Marote Chapela |
Rústico agrario |
36045A049005020000WK |
CMVMC de Chapela |
22,47 |
1 |
2,00 |
35,50 |
101,80 |
