DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2026/003-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: CS e nova saída LMTS desde a subestación de Cambados con reordenación da CBD805.

Situación: Cambados.

Descricións técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV en catro actuacións:

1. De 3.367 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña na subestación de Cambados (CBD) e final no empalme que se vai realizar coa CBD8052706 na arqueta existente diante do centro de transformación (CT) Fefiñáns (36SWN7).

2. De 19 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar coa CBD8052706 na arqueta existente diante do CT Fefiñáns (36SWN7) e final na cela de liña do centro de seccionamento (CS) proxectado.

3. De 19 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña do centro de seccionamento proxectado e final no empalme que se vai realizar na arqueta existente no tramo CBD8052689.

4. De 31 metros de lonxitude, con orixe na celda de liña do CS proxectado e final no paso aéreo subterráneo que se vai realizar no apoio de celosía FO49TQDM entroncando coa LMTA CBD8052730.

– Centro de seccionamento prefabricado 3L, compacto, con manobra exterior, telecontrolado mediante GPRS/FO, telexestionado e situado na parcela con refencia catastral 5679811NH1057N0001ZT, na avenida do Salnés, no concello de Cambados.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de outubro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2026/003-4.

Denominación: CS e nova saída LMTS desde a subestación de Cambados con reordenación da CBD805.

Concello: Cambados.

Nº

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

CS m²

ml sub.

m² sub.

1

Av. O Salnés

Urbano

5679811NH1057N0001ZT

Rosa María Dolores Rey González

15,48

4,00

14,27