DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vila de Cruces (expediente IN407A 2026/006-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución do apoio ARIG7JO5//68-1 da LMTA POR702.

Situación: Vila de Cruces.

Descricións técnicas:

– Substitución do apoio ARIG7JO5//68-1 por un apoio de celosía metálica C-2000/12 con cruceta H-35.

– Retensado de 32 metros do van adxacente ao apoio proxectado.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56 de 79 metros de lonxitude con orixe no apoio proxectado situado na parcela con referencia catastral 36059A057003610000MJ e final no apoio existente con matrícula ARK6K3QB//68-2 situado na parcela con referencia catastral 36059A057003840000MO.

A instalación está situada no lugar de Vilar, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase a disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de outubro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2026/006-4.

Denominación: Substitución do apoio ARIG7JO5//68-1 da LMTA POR702.

Concello: Vila de Cruces.

Nº

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afectacións

Pleno dominio

Ocupación temporal m²

Apoio nº

m²

1

Vilar

Rústico/agrario

36059A057003610000MJ

Hrdos. Ramón Saco Iglesias

Repr.: Juan Fernando Saco Iglesias e Berta Saco Iglesias

1

2,00

676,00