Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Substitución apoios 9S71FVOI//41, 9S8GT58D//43, 9S9L0OXM//44 e soterramento LMTA entre o apoio 9S8GT58D//43 e o CT Vilar.
Situación: Bueu.
Características técnicas:
– Retirada do tramo da liña de media tensión aérea (LMTA) CII817 entre os apoios 9S7UM6R8//42 e 9S88L9LG//42-1.
– Substitución dos apoios 9S71FVOI//41, 9S8GT58D//43 e 9S9L0OXM//44 por apoios metálicos de celosía C-2000/22, C-2000/22 (no cal se instala un paso aéreo subterráneo e curtocircuítos SXS) e C-1000/14, respectivamente.
– LMTA a 20 kV con condutor LA-110 de 256 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/22 (que substitúe 9S71FVOI//41) e final no apoio proxectado C-1000/14 (que substitúe 9S9L0OXM/44).
– Retensado de 69 metros de lonxitude do tramo en condutor LA-110 desde o apoio existente 9S699ET2//40 ata o apoio C-2000/22 (que substitúe 9S71FVOI//41).
– Retensado de 70 metros de lonxitude do tramo en condutor LA-110 desde o apoio proxectado C-1000/14 (que substitúe 9S9L0OXM/44) ata o apoio existente 9SA8OJIQ//45.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 de 228 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-2000/22 (que substitúe 9S8GT58D//43) e final no centro de transformación Vilar 36CHB7.
A instalación está situada no lugar de Chan de Piñeiro, na parroquia Beluso, no concello de Bueu (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 29 de outubro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/079-4.
Denominación: Substitución apoios 9S71FVOI//41, 9S8GT58D//43, 9S9L0OXM//44 e soterramento LMTA entre o apoio 9S8GT58D//43 e o CT Vilar.
Concello: Bueu.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
Ocupación temporal m2 |
|||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||||
|
Apoio |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||||
|
nº |
m2 |
||||||||
|
1 |
Chan de Piñeiro |
Urbano |
36004A018001070000QH |
José Diz Rodríguez |
1 |
3,0 |
428 |
||
|
2 |
Ouril |
Rústico |
36004A007002520000QO |
Descoñecido/a |
2 |
3,0 |
6,3 |
18,7 |
501 |
|
3 |
Chan de Piñeiro |
Rústico |
36004A007002070000QG |
Descoñecido/a |
3 |
2,0 |
363 |
||
