Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Substitución do apoio AWM3MIOQ//49-45-8 na LMTA LAL811.
Situación: Dozón.
Características técnicas:
– Substitución do apoio AWM3MIOQ//49-45-8 por un de celosía C-1000/14 con cruceta H35 en amarre.
– Retensado de 244,70 metros da LMTA LAL811 a 20 kV, con condutor LA-30, coa orixe no apoio existente AXPBYP06//49-45-7 e final no apoio existente AWJ34UMC//49-45-9.
A instalación está situada no lugar da Ponte da Pena, no concello de Dozón (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 29 de outubro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/168-4.
Denominación: Substitución do apoio AWM3MIOQ//49-45-8 na LMTA LAL811.
Concello: Dozón.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións Pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Ponte da Pena |
Rústico |
36016A501000570000DW |
Lucita Reboredo Ferreiro |
1 |
2,00 |
