Esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polo artigo 50 da Lei orgánica do sistema universitario e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a través da Resolución do 16 de novembro de 2026 fai pública a convocatoria de concurso público para a elaboración de bolsas de emprego nas áreas de coñecemento que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución, en previsión de que resulte imprescindible cubrir necesidades docentes por razón de causas sobrevidas, urxentes e inaprazables.
A relación de bolsas de emprego convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/141924/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/bolsas-emprego
As solicitudes deberán presentarse a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, conforme o establecido nas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026
A reitora da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 5.10.2026; DOG do 14 de outubro)
Pablo Taboada Antelo
Vicerreitor de Profesorado e Innovación Docente
