Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica, mediante a Resolución do 19 de outubro de 2026 (DOG núm. 202, do 23 de outubro), esta dirección xeral
DISPÓN:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta resolución, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Resolución deste Instituto do 19 de outubro de 2026.
Segundo. O cesamento no actual destino da traballadora que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se na data en que debe cesar no seu destino está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo de tres días se non implica un cambio de residencia ou de sete días se comporta un cambio de residencia. Cando obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.
Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa, así como a daquel en que obteña o destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante unha copia, á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición perante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Apelidos e nome: Carro Espada, Raquel.
DNI: ***0101**.
Grupo/subgrupo: A1.
Corpo ou escala: funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.
Código de posto: IN.IGAPE.00.001.4050112.
Denominación: subdirectora Económica Financeira.
Consellería: Consellería de Economía e Industria.
Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica. Xerencia.
Localidade: Santiago de Compostela.
