DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de outubro de 2026 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/28/2019-RP1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de setembro de 2026, a resolución do recurso potestativo de reposición ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/28/2019-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada con DNI 52499560J mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor para a súa consulta nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderanse producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva na vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística