De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0526-2025 á persoa interesada con documento nacional de identidade número 36039820Q.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de que transcorra o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte a aquel no que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
