DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de novembro de 2026 polo que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infracción en materia de incendios forestais SC-0034-2026.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o 19 de xuño de 2026, incoar o procedemento sancionador por infracción en materia de incendios forestais SC-0034-2026 por incumprimento do establecido no artigo 21.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, por non xestionar a biomasa vexetal no termo municipal do Pino.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da antedita resolución á persoa con DNI 02895862R, presunta responsable da infracción, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que se pretendan valer.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística