DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.12370 e dous máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.12370 e dous máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.12370

Jesús García Areán

9.307 m3

Pozo de barrena

Gandeiro

L: Laxas

P: Pedroso (San Xiao)

C: Rodeiro

DH.A15.21336

Mario Barreiro Barreiro

5.475 m3

Manancial

Gandeiro

L: Feáns

P: Broño (San Martiño)

C: Negreira

DH.A27.05751

María José Varela Casal

11.341 m3

Manancial

Doméstico, rega e gandeiro

L: Montealto

P: San Xiao do Camiño (San Xiao)

C: Palas de Rei