DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.9218 e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo vencemento do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.9218 e un máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.9218

Comunidade de Usuarios de San Adrián

15.768 m3

Manancial

Doméstico

L: Rial de Abaixo

P: Santo Adrián do Castro (Santo Adrián)

C: Zas

DH.A15.18850

Comunidade de Usuarios de Baldaio

50.458 m3

Rego e manancial

Doméstico

L: O Rapadoiro

P: Noicela (Santa María)

C: Carballo