DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 24 de novembro de 2026 Páx. 58319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.09892 e cinco máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.09892 e cinco máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.09892

José Varela Velo

950 m³

Pozo

Doméstico

L: Cacheiro de Arriba

C: Abegondo

DH.A36.6285

Eduardo Mejuto Caramés

365 m³

Manancial

Doméstico

L: Senra

P: Escuadro (San Salvador)

C: Silleda

E-1156-C (E-1156A-C)

José Pérez Ramos

1.100 l/s

Río

Forza motriz

C: Frades

DH.A15.19301

Santa Bárbara Sistemas, S.A.

7.885 m³

Manancial

Uso industrial

L: Palavea

P: Elviña (San Vicenzo)

C: A Coruña

DH.A15.21412

Francisco Javier Caridad Naya

1.779 m³

Río

Forza motriz

L: Roibeira

P: Bravío (San Martiño)

C: Betanzos

DH.A15.23539

Daniel Raña González

825 m³

Manancial

Rega

L: Monte do Cotaro

P: Xesteda (Santa Comba)

C: Cerceda