DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 17 de novembro de 2026 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Ganges V atracada en instalacións do porto de Brens-Cee (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de maneira simultánea ao intento de notificación por medios electrónicos ou a través do servizo de Correos, e por motivos de urxencia e de interese público que o fan aconsellable ao non resultar posible ata o momento presente efectuar notificacións ao propietario do barco, Plácido Manuel Valdomar Canosa, no domicilio que consta no expediente, publícase no Boletín Oficial del Estado o Acordo de inicio de procedemento para declarar en situación de abandono a embarcación de nome Ganges V, con matrícula VILL-5ª-3-3-92, amarrada en instalacións do porto de Brens-Cee.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A embarcación en cuestión foi remolcada polos servizos da Zona Centro de Portos de Galicia desde o porto de Fisterra, onde se atopaba atracada sen autorización, inactiva e en estado de abandono desde agosto do ano 2025, ata o porto de Brens-Cee, considerando tamén o perigo de afundimento da embarcación.

Este acordo emítese con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a Presidencia de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao interesado antes identificado un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o barco abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque, con inclusión do seu desmantelamento, sexan por conta do antigo propietario.

Infórmase, igualmente, de que, en aplicación do establecido no artigo 56 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de acordo co artigo 129.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, se acorda a adopción inmediata de todas as medidas provisionais que sexan necesarias para evitar o afundimento da embarcación, o que incluirá o emprego dos medios mecánicos que sexan precisos para a posta en seco da embarcación e, de modo previo e de ser preciso, a realización das actuacións sobre o barco que aseguren que o seu izado se efectúa de maneira segura, mesmo se iso require un despezamento parcial coa retirada de elementos da estrutura que rebaixen o seu peso.

A realización destas actuacións provisionais para as cales, de ser necesario, se pedirá informe previo á Capitanía Marítima de Coruña, serán executadas polo persoal da Zona Centro de Portos de Galicia.

Todos os custos que se xeren pola realización destas actuacións, así como os anteriores derivados do remolque do barco, se repercutirán ao propietario da embarcación.

Cara ao seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026

Natalia Botana Rey
Presidenta de Portos de Galicia