Mediante a Resolución reitoral do 9 de novembro de 2026 remitiráselle ao Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 2 de Santiago de Compostela, o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado núm. 353/2026, interposto por Rubén Romero Rozas, contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de alzada interposto polo recorrente o 16 de xuño de 2026 contra o Acordo do 29 de maio de 2026 da Comisión Permanente de Valoración de Méritos que eleva a definitiva a proposta de puntuacións correspondentes ao baremo xeral de todas as persoas candidatas no concurso ordinario de méritos convocado por la Resolución reitoral do 16 de xuño de 2025, e ao emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que puideran resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.
En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no antedito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026
Rosa M. Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
