DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de novembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente SPA-OU-32/2026-CU.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo sinalado no anexo por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo director territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino López Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de que transcorra este prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase realizada o día da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se presente o recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Ourense, 10 de novembro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: SPA-OU-32/2026-CU.

Persoa interesada: 34622918Y.

Acto de notificación: resolución de expediente sancionador e impreso de pagamento.