En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Bioenergía A Coruña, S.L. (B09700733).
Expediente: DH.A15.113510.
Volume total anual: 270 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.
Orixe: pozo nas coordenadas X=543486, Y=4787622 (ETRS89).
Destino: aseos e vestiarios do persoal e rega de biofiltro.
Lugar: A Chousa Grande.
Parroquia: Soandres.
Concello: A Laracha.
Descrición do aproveitamento:
A empresa Bioenergía de A Coruña, S.L. solicita unha concesión de augas públicas, mediante a execución dun pozo de barrena, con destino a un uso asimilable a doméstico para aseos e vestiarios dos traballadores (uns 170 m³/ano) e para rega do biofiltro (uns 100 m³/ano), nas instalacións dunha planta de biogás que se instalaría na parcela con referencia catastral 15042A056000180000KF no concello da Laracha.
A documentación técnica pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña; para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 22 de outubro de 2026
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
