DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de novembro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de legalización de obras no concello de Foz (expediente DH.W27.82892).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:

Solicitante: Construcciones y Canalizaciones José Saa, S.L.

NIF: B27156801.

Expediente: DH.W27.82892.

Lugar: Forxán.

Parroquia: San Martiño de Mondoñedo.

Concello: Foz.

Descrición das actuacións:

Movemento de terras nas parcelas con referencias catastrais 27019C001002010000HO e 27019C001002000000HM, na zona de policía dun rego innominado.

A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 3 de novembro de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña