DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58426

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 28 de outubro de 2026 (DOG núm. 207, do 29 de outubro), modificada pola Resolución do 30 de outubro de 2026 (DOG núm. 209, do 2 de novembro), ao que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no citado anexo.

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 27 de novembro de 2026.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, circunstancia que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, durante as cales poderá tomar posesión.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº

NIF

Apelidos
e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

***9155**

López Martínez, María del Pilar

1

PXA291000015001027

Inspector/a de Turismo

PX

Área Provincial da Coruña

Axencia de Turismo de Galicia (servizos periféricos)

A Coruña

A2

22

954

Horario especial

2

***2164**

Díaz Gayoso, Lucía María

2

PXA291000027001012

Inspector/a de Turismo

PX

Área Provincial de Lugo

Axencia de Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

A2

22

954

Horario especial

3

***0604**

Carballo Neira, Mónica

5

PXA291000027001009

Inspector/a de Turismo

PX

Área Provincial de Lugo

Axencia de Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

A2

22

954

Horario especial

4

***8094**

Rodríguez Pérez, Cristina

3

PXA291000036001023

Inspector/a de Turismo

PX

Área Provincial de Pontevedra

Axencia de Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Pontevedra

A2

22

954

Horario especial

5

***4542**

Martín López, Noelia María

4

PXA291000036001022

Inspector/a de Turismo

PX

Área Provincial de Pontevedra

Axencia de Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Pontevedra

A2

22

954

Horario especial

6

***2102**

Martínez Montes, Mónica

6

PXA291000027001010

Inspector/a de Turismo

PX

Área Provincial de Lugo

Axencia de Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

A2

22

954

Horario especial