Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 28 de outubro de 2026 (DOG núm. 207, do 29 de outubro), modificada pola Resolución do 30 de outubro de 2026 (DOG núm. 209, do 2 de novembro), ao que foi convocado o persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de animación sociocultural, convocado polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril) e do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de animación sociocultural, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no citado anexo.
Segundo. Adxudicarlle con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de animación sociocultural, convocado pola Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril).
Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 27 de novembro de 2026.
Non obstante, para o persoal aspirante que superou o proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), o prazo posesorio será dun mes, que comezará a computar o día 27 de novembro de 2026.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, circunstancia que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, durante as cales poderá tomar posesión.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Formación |
Observacións |
|
1 |
***4125** |
Iglesias Santomé, María Cristina |
4 |
PSC994060132001004 |
Animador/a sociocultural |
PS |
Centro Sociocomunitario (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
C1 |
14 |
||
|
2 |
***9403** |
Lueiro García, María Esther |
2 |
PSC994080215770095 |
Animador/a sociocultural |
PS |
Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela) |
Servizos periféricos |
Santiago de Compostela |
C1 |
19 |
|
Horario especial |
|
3 |
***8606** |
Beloso Quiñones, Segundo |
1 |
PSC994080115570071 |
Animador/a sociocultural |
PS |
Residencia Asistida de Maiores (Oleiros) |
Servizos periféricos |
Oleiros |
C1 |
19 |
|
Horario especial |
|
4 |
***2472** |
Blanco Vázquez, Belén |
3 |
PSC994080115350054 |
Animador/a sociocultural |
PS |
Residencia de Maiores (Ferrol) |
Servizos periféricos |
Ferrol |
C1 |
19 |
|
Horario especial |
|
5 |
***9967** |
Pérez Rey, Yolanda |
6 |
PSC994080132001056 |
Animador/a sociocultural |
PS |
Residencia de Maiores Nosa Señora dos Miragres (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
C1 |
19 |
|
Horario especial |
|
6 |
***3917** |
Fernández Rivas, Yolanda |
5 |
CUC994020132001025 |
Animador/a sociocultural |
CU |
Casa da Xuventude de Ourense |
Servizos periféricos |
Ourense |
C1 |
15 |
648 |
Horario especial |
