DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58419

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 28 de outubro de 2026 (DOG núm. 207, do 29 de outubro), modificada pola Resolución do 30 de outubro de 2026 (DOG núm. 209, do 2 de novembro), ao que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no citado anexo.

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 27 de novembro de 2026.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, circunstancia que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, durante as cales poderá tomar posesión.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº

NIF

Apelidos
e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

***6514**

Eijo Díaz, Daniel

9

IVA191000036001015

Xefatura Negociado de Delineación II

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Pontevedra

C1

18

2

***9233**

Tubío Martínez, José Luis

4

IVA100000415770057

Xefatura Negociado de Delineación I

IV

Área de Construción e Conservación

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

C1

18

3

***9213**

Bermúdez Rocha, Miguel Ángel

1

MRC991040127001055

Xefatura Negociado de Delineación

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

C1

18

4

***6443**

Philippot Muñiz, Miguel Ángel

7

MAO310000015770009

Xefatura Negociado de Delineación

MA

Instituto de Estudos do Territorio

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

Santiago de Compostela

C1

18

5

***0603**

Lorenzo Castiñeiras, Adrián

6

IVK100000115770052

Xefatura Negociado de Delineación

IV

S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/dirección

Santiago de Compostela

C1

18

6

***2586**

Martínez Enero, José Eduardo

3

MRC991070115001021

Xefatura Negociado de Delineación

MR

Servizo de Montes (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

18

7

***0050**

Torrejón Mosquera, Marco

8

IVA191000032001028

Xefatura Negociado de Delineación

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

C1

18

8

***4079**

Pérez Martínez, Jessica

5

IVA191000027001020

Xefatura Negociado de Delineación I

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Lugo

C1

18