Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 28 de outubro de 2026 (DOG núm. 207, do 29 de outubro), modificada pola Resolución do 30 de outubro de 2026 (DOG núm. 209, do 2 de novembro), ao que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo administrativo, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base V.5, os que figuran no citado anexo.
Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar o día 27 de novembro de 2026.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, circunstancia que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, durante as cales poderá tomar posesión.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Formación |
Observacións |
|
1 |
***1585** |
Vázquez Fondevila, Manuel |
1 |
PRC090000215770011 |
Axente auxiliar de inspección |
PR |
S. X. de Inspección do Transporte |
Dirección Xeral de Mobilidade |
Santiago de Compostela |
C1 |
22 |
954 |
Dispoñibilidade horaria//xornada especial |
