DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58412

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026 pola que se nomea persoal funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro) e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 28 de outubro de 2026 (DOG núm. 207, do 29 de outubro), modificada pola Resolución do 30 de outubro de 2026 (DOG núm. 209, do 2 de novembro), a que foi convocado o persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocados pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica un cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta un cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2026.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 27 de novembro de 2026.

Non obstante, para o persoal aspirante que superou o proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) ou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), o prazo posesorio será dun mes, que comezará a computar o día 27 de novembro de 2026.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº

NIF

Apelidos e
nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

***5263**

Santamaría Vázquez, Susana

Excedencia por prestación de servizos no sector público

2

***2261**

García Seisdedos, Eduardo Pablo

4

IVK191000015001021

Subinspector/a urbanístico/a

IV

Servizo Provincial da Axencia na Coruña

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/servizos provinciais

A Coruña

A2

22

954

3

***6373**

Ferreiroa González, José Manuel

Excedencia por prestación de servizos no sector público

4

***0426**

Sánchez Vázquez, Jesús

3

IVK191000027001022

Subinspector/a urbanístico/a

IV

Servizo Provincial da Axencia en Lugo

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/servizos provinciais

Lugo

A2

22

954

5

***4329**

Feijóo Seoane, José María

2

IVK191000032001024

Subinspector/a urbanístico/a

IV

Servizo Provincial da Axencia en Ourense

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/servizos provinciais

Ourense

A2

22

954

6

***6068**

Gómez Remuiñán, Juan Carlos

1

IVK191000027001024

Subinspector/a urbanístico/a

IV

Servizo Provincial da Axencia en Lugo

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/servizos provinciais

Lugo

A2

22

954

7

***4688**

Abelleira Sánchez, Patricia

5

IVK100000115770063

Subinspector/a urbanístico/a

IV

S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/servizos provinciais

Santiago de Compostela

A2

22

954

8

***2253**

Lusquiños Otero, Jacobo

Excedencia por prestación de servizos no sector público