De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 29 de maio de 2026 (DOG núm. 104, do 5 de xuño), esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica.
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en (https://fides.xunta.gal), no menú «Procesos», epígrafe «Inscrición procesos selectivos»: «Resultado».
A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo (https://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp) indicando o NIF e marcando a opción «Ver os meus datos».
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión. Para isto deberá acceder a (https://fides.xunta.gal), no menú «Procesos», epígrafe «Inscrición procesos selectivos»: «Que podo facer?»: «Presentación de alegacións», e realizar as alegacións que considere oportunas. Só no caso de non ser posible realizar as alegacións por medio desta aplicación informática, deberá realizalas a través do rexistro presencial ou da sede electrónica da Xunta de Galicia.
A acreditación da titulación académica realizarase en (https://fides.xunta.gal), no menú «Expediente-e», epígrafe «Formación»: «Formación académica/profesional», de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).
Se dentro do prazo sinalado non se emendan os defectos que motivaron a exclusión, serán definitivamente excluídas.
Segundo. Na listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, tamén se indican as persoas aspirantes que teñen acreditado na aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) estar en posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado.
As persoas aspirantes que non o teñan acreditado ou que no seu expediente non figure como validado, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para acreditar o Celga 4, título equivalente ou superior. Esta acreditación realizarase en (https://fides.xunta.gal), no menú «Expediente-e», epígrafe «Idiomas»: «Galego», de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro). Na falta da acreditación sinalada dentro do prazo indicado, serán convocadas para realizar a proba de coñecemento da lingua galega, de conformidade coa base II da convocatoria.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
