DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58383

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2.

Logo de se advertir un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 24 de novembro de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 58216, na base I.2.4, onde di:

«Ter prestado servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C1), excluídas as escalas».

Debe dicir:

«Ter prestado servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C1)».