De conformidade co disposto no artigo 16.1 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, no artigo 65.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, no artigo 34 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no artigo 13 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, tendo en conta o establecido na relación de postos de traballo vixente e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir o posto de persoal directivo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira ou persoal laboral da Xunta de Galicia ou das entidades do sector público autonómico que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Deberán estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao ou en posesión das titulacións de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente.
Terceiro. As solicitudes dirixiranse á entidade pública empresarial Augas de Galicia e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.
Para achegar a dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De acordo co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Cuarto. As persoas aspirantes deberán xuntar coa súa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen mediante certificación ou copia electrónica auténtica.
Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.
Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
A resolución que se dite será motivada, atendendo aos criterios requiridos para o desempeño do posto.
Sexto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e demais disposicións concordantes.
Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
O persoal funcionario de carreira que incumpra os prazos de toma de posesión será declarado de oficio na situación de excedencia voluntaria por interese particular.
Oitavo. Se o/a aspirante seleccionado/a para ocupar o posto de traballo convocado non ten a condición de funcionario público, o vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2026
Nicolás Vázquez Iglesias
Conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático
ANEXO I
Denominación do posto: xerente.
Código do posto: IV.E10.00.001.15770.001.
Dependencia: entidade pública empresarial Augas de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.
Directivo do grupo III, nivel 2.
Subgrupo: A1.
Tipo de persoal: alta dirección/funcionario (subgrupo A1).
Forma de provisión: persoal directivo (artigo 65.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro; Decreto 119/2012, do 3 de maio).
