DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2024/181-4).

O 27.6.2024, este departamento territorial someteu a información a petición de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2024/181-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 19 de xullo de 2024.

O 24.07.2026, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou unha nova relación de bens e dereitos afectados actualizada, xa que se detectaron erros nas referencias catastrais remitidas coa solicitude inicial.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a unha nova información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38. 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT Cela.

Situación: Bueu.

Descricións técnicas:

• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 297 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9UF8U0XU//51-2-1 da liña de media tensión aérea (LMTA) CII818, mediante un paso aero-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

• Centro de transformación compacto a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36004A045003590000QY, no lugar da Torre, en Cela.

• Instalación dun reconectador no apoio 9UF8U0XU//51-2-1 da LMTA CII818.

• A instalación está situada en Cela, no municipio de Bueu (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto estará á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de outubro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2024/181-4.

Denominación: LMTS, CT Cela.

Concello: Bueu.

Núm.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afectacións pleno dominio CT (m2)

1

Cambada

Rústico

36004A045003590000QY

Descoñecido/a

35,43