O día 15 de xullo de 2026, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou unha resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU3/36/2011 (procedemento de execución forzosa LU-0116-2024).
Ao non lle poder notificar esta resolución á persoa interesada, co DNI 76826547S, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, realízase a devandita notificación mediante este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Dado que, de acordo co previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución se atopa á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela. O prazo para consultar a resolución será de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e, unha vez que transcorra o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición perante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e para que lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
