DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de novembro de 2026 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0306-2025.

O 19 de agosto de 2026, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0306-2025.

Ao non se lle poder realizar a notificación persoal do acordo á persoa interesada, co DNI 35468777W, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle o dito acordo mediante este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Dado que, conforme ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela. O prazo para a consulta do acordo é de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e, unha vez que transcorra o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince días contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e as xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, para propoñer a práctica de proba e concretar os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e para que lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística