DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58504

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Donna Sandra, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

A asemblea xeral extraordinaria da cooperativa Donna Sandra, S. Coop. Galega, con CIF F94169240, que tivo lugar con carácter universal o día 13 de novembro de 2026, acordou por unanimidade a súa disolución ao abeiro do disposto no artigo 86 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia. Así mesmo, acordouse a apertura do período de liquidación e o nomeamento de Sandra Martínez Pumar como liquidadora única da cooperativa.

Tomiño, 13 de novembro de 2026

Sandra Martínez Pumar
Liquidadora única de Donna Sandra, S. Coop. Galega