DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 30.10.2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, con cargo á praza vacante ofertada na oferta de emprego público 2020-2021-2022 de técnico/a superior en actividades culturais e educativas, enmarcada no grupo A de titulación, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, por quenda libre, de:

– J. Vázquez Liñeira (DNI ***2139**).

As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non facelo procederase a declaralas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.

A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 3 de novembro de 2026

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal