Urbanismo
Expediente X1457/2025
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 20 de outubro de 2026, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a creación dunha piscina municipal cuberta na zona deportiva da Seca (referencia catastral 36041A039011530000OL), promovido polo Concello de Poio.
Segundo. Someter o expediente a información pública polo prazo de dous meses, mediante un anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como na sede electrónica municipal, coa garantía de acceso á documentación íntegra.
Terceiro. Notificarlles de forma individualizada o acordo de aprobación inicial a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares deles no Catastro.
Cuarto. Solicitar os informes sectoriais necesarios ás administracións públicas competentes: Delegación do Goberno (enerxía), Ministerio de Industria e Turismo (telecomunicacións), Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (inexistencia de bens catalogados), Augas de Galicia (servidumes/zonas de policía ou protección de leitos/canles e zonas inundables/de fluxo preferente), e calquera outro organismo preceptivo.
Quinto. Acordar a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelamento, edificación e demolición no ámbito delimitado polo PEID durante o prazo de dous anos ou ata a aprobación definitiva do instrumento».
Durante o prazo sinalado, contado desde a data da última das publicacións, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións que desexen.
Poio, 27 de outubro de 2026
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
