DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle para ordenación de volumes en parcela residencial.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0815, do 22 de outubro de 2026, aprobouse inicialmente o Estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela residencial. O solo incluído no devandito estudo está clasificado como solo urbano e atópase afectado pola ordenanza de usos mixtos.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de acordo co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Durante este período poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente está dispoñible nas oficinas da Secretaría Municipal deste Concello e na súa sede electrónica (http://concellodecospeito.sedelectronica.es).

Así mesmo, faise público que, en aplicación do artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e do artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, se suspende o outorgamento das licenzas de parcelamento de terreos, edificación e demolición, por un prazo de dous anos, no ámbito de solo urbano afectado pola aprobación do estudo de detalle, dado que as determinacións que este contén supoñen unha modificación da ordenación urbanística vixente no devandito ámbito.

O ámbito é o que figura delimitado no proxecto de estudo de detalle redactado pola arquitecta Gloria Trigo Mayor, colexiada 2139 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e comprende as seguintes referencias catastrais:

27015A05600031

7582904PH1878S

7582905PH1878S

7582906PH1878S

7582926PH1878S

Se unha vez que transcorra o referido prazo non se presentasen alegacións, e se procede, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva.

Cospeito, 31 de outubro de 2026

Armando Castosa Alvariño
Alcalde