DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de modificación das bases e apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para unha praza de técnico/a superior en transformación dixital e intelixencia artificial (A1).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 258, do 10 de novembro de 2026, publicouse o anuncio relativo á modificación das bases da convocatoria para a provisión, mediante concurso-oposición libre, dunha praza de técnico/a superior en transformación dixital e intelixencia artificial, como persoal funcionario de carreira, subgrupo A1. A modificación foi acordada mediante o Decreto da Alcaldía número 2026-1043, do 2 de novembro de 2026.

A modificación afecta o requisito de titulación da base terceira.e) e á rectificación dun erro material da base sétima.

Ábrese un novo prazo de vinte días hábiles para a presentación de solicitudes, contado desde o día seguinte ao da publicación do correspondente extracto no Boletín Oficial del Estado. Consérvanse as solicitudes xa presentadas, que poderán completarse ou actualizarse durante o novo prazo.

O texto íntegro da modificación figura no citado boletín provincial.

Cervo, 13 de novembro de 2026

María Dolores García Caramés
Alcaldesa