Mediante a Resolución do 20 de xullo de 2026 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2029 en réxime de concorrencia non competitiva (códigos de procedemento IG300J (liña 1)_IG300K (liña 2)_IG300L (liña 3) (DOG núm. 135, do 21 de xullo de 2026).
No punto terceiro do Resolvo prevíase unha dotación orzamentaria para concesións distribuída por liñas e anualidades. Necesidades orzamentarias fan preciso redistribuír os importes por anualidades previstos inicialmente sen afectar o crédito total destinado a concesións de 45 millóns de euros. Asemade, no momento do peche do prazo de solicitudes, a estimación de concesións por liña non se axusta á distribución establecida na resolución da convocatoria.
A resolución de convocatoria establece, no mesmo punto terceiro do Resolvo, que unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de esgotamento do crédito dunha liña de axudas, esta poderá incrementarse co remanente das outras liñas, se o houber, mediante unha resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape publicada para o efecto.
Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. A redistribución do crédito dispoñible para concesións desta convocatoria previsto no punto terceiro do Resolvo da Resolución do 20 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2029 en réxime de concorrencia non competitiva (códigos de procedemento IG300J (liña 1)_IG300K (liña 2)_IG300L (liña 3) (DOG núm. 135, do 21 de xullo de 2026), que queda establecido do seguinte xeito:
|
Partida orzamentaria |
Liña |
Orixe dos fondos |
Ano 2026 |
Ano 2027 |
Ano 2028 |
Ano 2029 |
Total |
|
09.A1.741A.7700 |
1 |
Feder |
100.000 |
19.494.081 |
9.002.960 |
8.902.959 |
37.500.000 |
|
09.A1.741A.7700 |
2 |
Feder |
100.000 |
1.567.950 |
716.025 |
616.025 |
3.000.000 |
|
09.A1.741A.7700 |
3 |
Feder |
100.000 |
2.340.225 |
1.079.888 |
979.887 |
4.500.000 |
|
Total |
|
|
300.000 |
23.402.256 |
10.798.873 |
10.498.871 |
45.000.000 |
Segundo. Esta modificación non supón a apertura dun prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
