DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 25 de novembro de 2026 Páx. 58375

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 17 de novembro de 2026 pola que se modifica a distribución do crédito dispoñible establecido na Resolución do 20 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2029 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300J (liña 1).

BDNS (Identif.): 919838.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/919838

Primeiro. Modificación de crédito

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700, por un importe de 37.500.000 €, coa seguinte distribución plurianual: 100.000 € no ano 2026, 19.494.081 € no ano 2027, 9.002.960 € no ano 2028 e 8.902.959 € no ano 2029.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026

Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica