DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 26 de novembro de 2026 Páx. 58581

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2026 pola que se dá publicidade da relación das persoas beneficiarias, así como das persoas non beneficiarias, dos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 21 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (procedemento administrativo AP401A, Diario Oficial de Galicia número 83, do 6 de maio de 2026).

O 6 de maio de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 21 de abril de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (procedemento administrativo AP401A).

Así mesmo, o 6 de maio de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 902500 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, o 16 de outubro de 2026, a Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou a resolución da concesión e da non concesión dos III premios Axentes TIC da Rede CeMIT, con indicación de que se lles notificase ás persoas interesadas.

Segundo o establecido no artigo 17 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 21 de abril de 2026 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a relación das persoas beneficiarias e o seu importe, así como a relación das persoas non beneficiarias será publicada no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os referidos premios serán tamén remitidos á Base de datos nacional de subvencións.

En consecuencia, resolvo que se publique a relación de expedientes que resultaron beneficiarios, así como os non beneficiarios, dos III premios Axentes TIC da Rede CeMIT, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2026

Damián Rey Rodríguez
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT (código de procedemento AP401A)

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 21 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (procedemento administrativo AP401A, DOG núm. 83, do 6 de maio).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 10.A1.571A.480.0.

d) Finalidade: recoñecer o compromiso e o labor dos axentes TIC e responsables de aula, xa que fan posible unha Rede CeMIT máis eficiente e moderna que asegura que a cidadanía conte coas capacidades dixitais para poder participar de forma máis efectiva no novo contexto dixital.

e) Relación de persoas beneficiarias e cantidades concedidas ao abeiro dos III premios Axentes TIC da Rede CeMIT 2026, así como relación de persoas non beneficiarias:

Persoa solicitante

Premio concedido

Importe do premio

Rebeca Crujeiras Pérez

Primeiro

Espazo Maker

2.000 €

Vanesa Losada García

Segundo

Espazo Maker

1.000 €

Victor Galdo Gómez

Primeiro

Maiores Dixitais

2.000 €

Laura Fernández Álvarez

Segundo

Maiores Dixitais

1.000 €

Rebeca Crujeiras Pérez

Primeiro

Axente TIC

2.000 €

Vanesa Losada García

Segundo

Axente TIC

1.000 €

Alicia López Gil

n/a

Antonio Casal Andújar

n/a

Verónica Barcón Ben

n/a

Vanesa Losada García

n/a