DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 26 de novembro de 2026 Páx. 58561

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026 pola que se publica a Resolución do 9 de outubro de 2026 de concesión dos premios convocados ao abeiro da Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición de 2026 (código de procedemento CT214A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 249, do 26 de decembro de 2025, publícase a Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición de 2026 (código de procedemento CT214A).

De conformidade coa base décimo primeira da convocatoria, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic e por proposta do órgano instrutor do procedemento, quen a emitirá á vista da proposta de adxudicación realizada polo xurado nomeado para o efecto, segundo o previsto na base décima da convocatoria.

Así mesmo, a base décimo primeira da convocatoria establece que a resolución se publicará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (https://industriasculturais.xunta.gal/es), polo que se entenderán notificadas, para todos os efectos, as persoas solicitantes, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que determina que esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 9 de outubro de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de outubro de 2026 de concesión dos premios convocados ao abeiro da Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición de 2026 (código de procedemento CT214A), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de outubro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o tribunal de instancia de Santiago de Compostela, Sección do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Resolución do 9 de outubro de 2026 de concesión dos premios convocados ao abeiro da Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición de 2026 (código de procedemento CT214A)

Antecedentes administrativos:

1. O 26 de decembro de 2025 (DOG núm. 249) publicouse a Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición de 2026 (código de procedemento CT214A).

2. Seguindo o establecido na base novena da convocatoria, mediante a Resolución da Dirección da Agadic, do 24 de abril de 2026, de designación do xurado e da secretaria dos premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde, edición de 2026, o xurado quedou constituído polos membros que a seguir se relacionan:

– Comba Campoi García (vogal).

– Roberto Leal Jiménez (vogal).

– Avelina Pérez Pérez (vogal).

– Gloria María Rico Galán (vogal).

– Gustavo del Río Prieto (presidente).

– Artur Trillo Sendón (vogal).

3. Seguindo a base cuarta da convocatoria, o 30 de abril de 2026 remata o prazo de presentación de solicitudes, cun total de 147 orixinais presentados, que se relacionan no anexo I.

4. Como resultado das comprobacións da documentación e despois das contestacións aos requirimentos de emenda realizados, así como das comunicacións recibidas polas persoas solicitantes ao longo do procedemento, quedan fóra do proceso as solicitudes que se relacionan no anexo II e polas causas que se indican. Así mesmo, os orixinais correspondentes ás solicitudes que se relacionan no anexo III son os que o xurado da edición 2026 dos premios valora atendendo aos criterios establecidos na base décima da convocatoria, ao considerarse que cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

5. O 5 de outubro de 2026 reúnese o xurado para, tras as oportunas deliberacións, emitir o seu ditame, que queda recollido na acta correspondente. Nela consta, de conformidade coa base décima da convocatoria, a proposta de textos premiados, a puntuación obtida por cada texto en cada un dos criterios de valoración e a relación de orixinais avaliados por orde de prelación (anexo IV).

6. O 8 de outubro de 2026, a Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, tras a instrución do procedemento, emite a proposta de resolución de concesión dos premios, en que se indican, de acordo co establecido na base décima da convocatoria, os títulos dos textos propostos, a súa autoría e o importe económico correspondente, segundo se recolle no anexo V desta resolución, e elévaa á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

Consideración legal e técnica:

1. O órgano competente para resolver é a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, segundo o recollido na base décimo primeira da Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición de 2026 (código de procedemento CT214A), que emitirá resolución definitiva no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta de resolución.

Examinada a proposta de resolución da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais e de conformidade con ela,

RESOLVO:

1. Inadmitir as solicitudes, declarar a desistencia e aceptar a renuncia das solicitudes relacionadas no anexo II.

2. Conceder os premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, nas modalidades infancia e mocidade e para persoas adultas, polos importes que se indican, aos orixinais que se relacionan no anexo V.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, consonte a Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou ben de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46 respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.

ANEXO I

Relación de orixinais presentados

XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

Exp.

Título/lema

AC01

Reunión familiar

AC02

Trágueme a terra

AC03

Uña e carne

AC04

Pallasas

AC05

Deméter

AC06

Pasos de baile

AC07

Como os ourizos

AC08

As nenas raras non van ao ceo

AC09

Algúns nacen para a noite interminable

AC10

A memoria que non cesa

AC11

O apartamento

AC12

Os traballos de Sebastián Sermos

AC13

A filla do Corolo

AC14

Liberata. O santo atrevemento

AC15

Prohibido mexar nas paredes

AC16

Variacións Pinter

AC17

A pel parda

AC18

Pola vella. Xoguete escénico sobre rodas

AC19

Por unanimidade

AC20

Leccións interrompidas

AC21

A extraordinaria tarta de cereixas da señorita Claire

AC22

Mañá de brétema

AC23

Noite no deserto

AC24

Gaiolas interiores

AC25

Un mar que nunca existiu

AC26

Dalet

AC27

Aldara

AC28

Vai por ti, Flanagan!

AC29

Un estraño poema de amor

AC30

O anuncio

AC31

Vigo

AC32

A mala xente

AC33

Compartimos o mesmo café

AC34

O súper

AC35

Elas tamén. Retratos de mulleres que existiron

AC36

Cando nos sentaba ben o verde

AC37

Conto do Bambán

AC38

Proceso por as sombras de Rosalía de Castro

AC39

Villalta, profesora amada

AC40

Salitre

AC41

A finca

AC42

O converso

AC43

A elixida

AC44

1846

AC45

Kintsugi Kiro

AC46

Rúa Tulipán

AC47

Pel fina

AC48

San Chelmno

AC49

Tellado de cinc

AC50

Verán perpetuo. Autorretrato con flotador

AC51

Con ELA, sen Ela. Un diálogo terminal

AC52

Tebas´ Bazaar

AC53

Virxinia

AC54

Os vellos SI deben namorarse

AC55

Antífona

AC56

Deus salve ás nenas

AC57

Santa pode ser calquera

AC58

Que fas, papá?

AC59

O silencio antes do lume

AC60

LIÑA. Os puntos que forman unha liña non deixan ningún oco entre elas

AC61

Odiseo en Ikea

AC62

Os tres casamentos

AC63

Pavillón 7

AC64

O xantar dos domingos

AC65

Reloxo de parede

AC66

A escollida

AC67

Pupila do mundo

AC68

Morre o pai

AC69

A peor hora do sol

AC70

O porvir, gaivota gris

AC71

Son ruxido

AC72

Peliza de brandura

AC73

Piscina en sombras

AC74

A illa máis breve

AC75

Rapsodia, 1999

XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil.

Exp.

Título/lema

MM01

A cinza que lembra

MM02

A sabia Tata

MM03

A cantiga da avoa Balbina

MM04

O club dos Xes

MM05

Lesmas negras con lombrigas

MM06

O bosque de Morpeguite

MM07

O traballo do lobo

MM08

Calpurnia Abana, unha historia de Ourense

MM09

Ganiñas e o país que non existe

MM10

O home que camiñaba arrededor dun farol

MM11

Enredos, S.L.

MM12

A pequena Amira

MM13

Venezia

MM14

Pocho

MM15

Rancoxo e o castelo de non retorno

MM16

Onde viven as Meninas

MM17

Lugares

MM18

A distancia mínima

MM19

Tritón xaspeado

MM20

Castelos na area

MM21

Croaday

MM22

Moito nos gusta o jazz

MM23

Becholandia... xa está nos mapas!

MM24

O cantar das lembranzas

MM25

Non te deixes enganar

MM26

A canción de Helena

MM27

Un maio de amigos

MM28

Cando as anduriñas nas moradas aniñen

MM29

O misterio do calcetín

MM30

Xan Perillán

MM31

Zascandil

MM32

Antes do cero

MM33

Apagamento

XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infancia e mocidade.

Exp.

Título/lema

BVIM01

O castelo dos lilas

BVIM02

Burato Negro

BVIM03

Que lle pasou á avoa?

BVIM04

S.O.S.

BVIM05

O que virá e o ninja

BVIM06

Anansia ten casco

BVIM07

A caixa das lembranzas

BVIM08

Escaleira á lúa

BVIM09

A regueifa do chapapote

BVIM10

Fabulosa farsa flatulenta

BVIM11

Sempre bosque

BVIM12

A travesía do último galego

BVIM13

Algo con boca

BVIM14

O rei de Galegópole

BVIM15

Os bulebule

BVIM16

Filispín, peregrín

BVIM17

Un pote entre pipetas

BVIM18

Mou

BVIM19

Mensaxeiras

BVIM20

Memoria de elefante

BVIM21

Tódolos vapores do mundo

BVIM22

A débeda

BVIM23

As nenas dinamiteiras

BVIM24

Conto con sorpresa

BVIM25

De quen é a horta?

BVIM26

Quen quere ser raíña?

BVIM27

Viajeras

BVIM28

A fabulosa historia de Morgana e a biblioteca dos misterios

XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adulto.

Exp.

Título/lema

BVA01

O mural do patio B

BVA02

Toda a vida xa non existe

BVA03

Vladimiro en Hamelín

BVA04

O timbre

BVA05

Melas Oneiros

BVA06

Durante o lusquefusque un campo de papoulas

BVA07

Inhabitábel

BVA08

O último que queda

BVA09

Luz

BVA10

Postais sonoras

BVA11

As vontades

ANEXO II

Relación de orixinais fóra do proceso

Exp.

Título/lema

AC08

As nenas raras non van ao ceo

Incumprimento dun dos requisitos de participación establecidos na base terceira da convocatoria, ao non cumprir o texto presentado a condición de non ter sido representado con anterioridade nin durante a tramitación do procedemento.

AC19

Por unanimidade

Incumprimento dun dos requisitos de participación establecidos na base terceira da convocatoria, ao non cumprir o texto presentado a condición de non ter sido premiado anteriormente nin durante a tramitación do procedemento.

AC40

Salitre

Incumprimento dun dos requisitos de participación establecidos na base terceira da convocatoria, ao non cumprir a condición de non ter sido representado con anterioridade nin durante a tramitación do procedemento.

AC46

Rúa Tulipán

Desistido por non contestar o requirimento efectuado.

AC66

A Escollida

Desistido por non contestar o requirimento efectuado.

AC75

Rapsodia, 1999

Renuncia da persoa participante.

MM26

A canción de Helena

Desistido por non contestar o requirimento efectuado.

BVIM04

S.O.S.

Incumprimento dun dos requisitos de participación establecidos na base terceira da convocatoria, ao non cumprir o texto presentado a condición de non ter sido premiado anteriormente nin durante a tramitación do procedemento.

BVIM14

O rei de Galegópole

Incumprimento dun dos requisitos de participación establecidos na base terceira da convocatoria, ao non cumprir a condición de non ter sido representado con anterioridade nin durante a tramitación do procedemento.

BVIM27

Viajeras

Incumprimento dun dos requisitos de participación establecidos na base terceira da convocatoria, ao non presentar o texto en galego e non atender o requirimento de emenda efectuado.

ANEXO III

Relación de orixinais admitidos para valoración

XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

Exp.

Título/lema

AC01

Reunión familiar

AC02

Trágueme a terra

AC03

Uña e carne

AC04

Pallasas

AC05

Deméter

AC06

Pasos de baile

AC07

Como os ourizos

AC09

Algúns nacen para a noite interminable

AC10

A memoria que non cesa

AC11

O apartamento

AC12

Os traballos de Sebastián Sermos

AC13

A filla do Corolo

AC14

Liberata. O santo atrevemento

AC15

Prohibido mexar nas paredes

AC16

Variacións Pinter

AC17

A pel parda

AC18

Pola vella. Xoguete escénico sobre rodas

AC20

Leccións interrompidas

AC21

A extraordinaria tarta de cereixas da señorita Claire

AC22

Mañá de brétema

AC23

Noite no deserto

AC24

Gaiolas interiores

AC25

Un mar que nunca existiu

AC26

Dalet

AC27

Aldara

AC28

Vai por ti, Flanagan!

AC29

Un estraño poema de amor

AC30

O anuncio

AC31

Vigo

AC32

A mala xente

AC33

Compartimos o mesmo café

AC34

O súper

AC35

Elas tamén. Retratos de mulleres que existiron

AC36

Cando nos sentaba ben o verde

AC37

Conto do Bambán

AC38

Proceso por as sombras de Rosalía de Castro

AC39

Villalta, profesora amada

AC41

A finca

AC42

O converso

AC43

A elixida

AC44

1846

AC45

Kintsugi Kiro

AC47

Pel fina

AC48

San Chelmno

AC49

Tellado de cinc

AC50

Verán perpetuo. Autorretrato con flotador

AC51

Con ELA, sen Ela. Un diálogo terminal

AC52

Tebas´ Bazaar

AC53

Virxinia

AC54

Os vellos SI deben namorarse

AC55

Antífona

AC56

Deus salve ás nenas

AC57

Santa pode ser calquera

AC58

Que fas, papá?

AC59

O silencio antes do lume

AC60

LIÑA. Os puntos que forman unha liña non deixan ningún oco entre elas

AC61

Odiseo en Ikea

AC62

Os tres casamentos

AC63

Pavillón 7

AC64

O xantar dos domingos

AC65

Reloxo de parede

AC67

Pupila do mundo

AC68

Morre o pai

AC69

A peor hora do sol

AC70

O porvir, gaivota gris

AC71

Son ruxido

AC72

Peliza de brandura

AC73

Piscina en sombras

AC74

A illa máis breve

XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil.

Exp.

Título/lema

MM01

A cinza que lembra

MM02

A sabia Tata

MM03

A cantiga da avoa Balbina

MM04

O club dos Xes

MM05

Lesmas negras con lombrigas

MM06

O bosque de Morpeguite

MM07

O traballo do lobo

MM08

Calpurnia Abana, unha historia de Ourense

MM09

Ganiñas e o país que non existe

MM10

O home que camiñaba arrededor dun farol

MM11

Enredos, S.L.

MM12

A pequena Amira

MM13

Venezia

MM14

Pocho

MM15

Rancoxo e o castelo de non retorno

MM16

Onde viven as Meninas

MM17

Lugares

MM18

A distancia mínima

MM19

Tritón xaspeado

MM20

Castelos na area

MM21

Croaday

MM22

Moito nos gusta o jazz

MM23

Becholandia... xa está nos mapas!

MM24

O cantar das lembranzas

MM25

Non te deixes enganar

MM27

Un maio de amigos

MM28

Cando as anduriñas nas moradas aniñen

MM29

O misterio do calcetín

MM30

Xan Perillán

MM31

Zascandil

MM32

Antes do cero

MM33

Apagamento

XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infancia e mocidade.

Exp.

Título/lema

BVIM01

O castelo dos lilas

BVIM02

Burato Negro

BVIM03

Que lle pasou á avoa?

BVIM05

O que virá e o ninja

BVIM06

Anansia ten casco

BVIM07

A caixa das lembranzas

BVIM08

Escaleira á lúa

BVIM09

A regueifa do chapapote

BVIM10

Fabulosa farsa flatulenta

BVIM11

Sempre bosque

BVIM12

A travesía do último galego

BVIM13

Algo con boca

BVIM15

Os bulebule

BVIM16

Filispín, peregrín

BVIM17

Un pote entre pipetas

BVIM18

Mou

BVIM19

Mensaxeiras

BVIM20

Memoria de elefante

BVIM21

Tódolos vapores do mundo

BVIM22

A débeda

BVIM23

As nenas dinamiteiras

BVIM24

Conto con sorpresa

BVIM25

De quen é a horta?

BVIM26

Quen quere ser raíña?

BVIM28

A fabulosa historia de Morgana e a biblioteca dos misterios

XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adulto.

Exp.

Título/lema

BVA01

O mural do patio B

BVA02

Toda a vida xa non existe

BVA03

Vladimiro en Hamelín

BVA04

O timbre

BVA05

Melas Oneiros

BVA06

Durante o lusquefusque un campo de papoulas

BVA07

Inhabitábel

BVA08

O último que queda

BVA09

Luz

BVA10

Postais sonoras

BVA11

As vontades

ANEXO IV

Relación de orixinais avaliados por orde de prelación

XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

Exp.

Título/lema

Total puntuación (60)

AC14

Liberata. O santo atrevemento

47

AC12

Os traballos de Sebastián Sermos

44

AC47

Pel fina

43

AC43

A elixida

42

AC45

Kintsugi Kiro

42

AC23

Noite no deserto

41

AC56

Deus salve ás nenas

41

AC03

Uña e carne

39

AC06

Pasos de baile

39

AC21

A extraordinaria tarta de cereixas da señorita Claire

39

AC07

Como os ourizos

38

AC13

A filla do Corolo

38

AC26

Dalet

38

AC55

Antífona

38

AC15

Prohibido mexar nas paredes

37

AC37

Conto do Bambán

37

AC01

Reunión familiar

36

AC58

Que fas, papá?

36

AC72

Peliza de brandura

36

AC05

Deméter

35

AC11

O apartamento

35

AC24

Gaiolas interiores

35

AC31

Vigo

35

AC50

Verán perpetuo. Autorretrato con flotador

35

AC51

Con ELA, sen Ela. Un diálogo terminal

35

AC53

Virxinia

35

AC63

Pavillón 7

35

AC59

O silencio antes do lume

34

AC64

O xantar dos domingos

34

AC68

Morre o pai

34

AC16

Variacións Pinter

33

AC20

Leccións interrompidas

33

AC22

Mañá de brétema

33

AC41

A finca

33

AC18

Pola vella. Xoguete escénico sobre rodas

32

AC44

1846

32

AC69

A peor hora do sol

32

AC70

O porvir, gaivota gris

32

AC73

Piscina en sombras

32

AC04

Pallasas

31

AC09

Algúns nacen para a noite interminable

31

AC67

Pupila do mundo

31

AC71

Son ruxido

31

AC42

O converso

30

AC49

Tellado de cinc

30

AC33

Compartimos o mesmo café

29

AC36

Cando nos sentaba ben o verde

29

AC57

Santa pode ser calquera

29

AC32

A mala xente

28

AC10

A memoria que non cesa

27

AC29

Un estraño poema de amor

27

AC48

San Chelmno

27

AC27

Aldara

26

AC28

Vai por ti, Flanagan!

26

AC60

LIÑA. Os puntos que forman unha liña non deixan ningún oco entre elas

26

AC35

Elas tamén. Retratos de mulleres que existiron

25

AC61

Odiseo en Ikea

25

AC17

A pel parda

24

AC52

Tebas´ Bazaar

24

AC54

Os vellos SI deben namorarse

24

AC74

A illa máis breve

24

AC34

O súper

22

AC65

Reloxo de parede

22

AC25

Un mar que nunca existiu

20

AC39

Villalta, profesora amada

20

AC02

Trágueme a terra

19

AC38

Proceso por as sombras de Rosalía de Castro

18

AC62

Os tres casamentos

17

AC30

O anuncio

7

XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil.

Exp.

Título/lema

Total puntuación (60)

MM07

O traballo do lobo

51

MM10

O home que camiñaba arrededor dun farol

48

MM30

Xan Perillán

43

MM04

O club dos Xes

42

MM20

Castelos na area

42

MM21

Croaday

41

MM17

Lugares

40

MM12

A pequena Amira

39

MM32

Antes do cero

39

MM16

Onde viven as Meninas

38

MM33

Apagamento

36

MM03

A cantiga da avoa Balbina

34

MM25

Non te deixes enganar

34

MM13

Venezia

32

MM22

Moito nos gusta o jazz

32

MM02

A sabia Tata

31

MM28

Cando as anduriñas nas moradas aniñen

31

MM29

O misterio do calcetín

31

MM15

Rancoxo e o castelo de non retorno

30

MM18

A distancia mínima

30

MM24

O cantar das lembranzas

30

MM01

A cinza que lembra

29

MM11

Enredos, S.L.

29

MM27

Un maio de amigos

29

MM14

Pocho

28

MM06

O bosque de Morpeguite

27

MM23

Becholandia... xa está nos mapas!

27

MM31

Zascandil

27

MM05

Lesmas negras con lombrigas

26

MM09

Ganiñas e o país que non existe

19

MM08

Calpurnia Abana, unha historia de Ourense

18

MM19

Tritón xaspeado

13

XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infancia e mocidade.

Exp.

Título/lema

Total puntuación (60)

BVIM05

O que virá e o ninja

48

BVIM23

As nenas dinamiteiras

41

BVIM25

De quen é a horta?

40

BVIM28

A fabulosa historia de Morgana e a biblioteca dos misterios

40

BVIM10

Fabulosa farsa flatulenta

39

BVIM18

Mou

39

BVIM03

Que lle pasou á avoa?

38

BVIM08

Escaleira á lúa

38

BVIM02

Burato negro

37

BVIM01

O castelo dos lilas

35

BVIM19

Mensaxeiras

35

BVIM17

Un pote entre pipetas

34

BVIM20

Memoria de elefante

34

BVIM09

A regueifa do chapapote

33

BVIM21

Tódolos vapores do mundo

33

BVIM13

Algo con boca

32

BVIM07

A caixa das lembranzas

31

BVIM11

Sempre bosque

31

BVIM15

Os bulebule

31

BVIM06

Anansia ten casco

30

BVIM26

Quen quere ser raíña?

30

BVIM16

Filispín, peregrín

27

BVIM24

Conto con sorpresa

24

BVIM12

A travesía do último galego

23

BVIM22

A débeda

23

XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adulto.

Exp.

Título/lema

Total puntuación (60)

BVA04

O timbre

41

BVA06

Durante o lusquefusque un campo de papoulas

39

BVA01

O mural do patio B

38

BVA11

As vontades

38

BVA03

Vladimiro en Hamelín

37

BVA05

Melas Oneiros

37

BVA10

Postais sonoras

36

BVA07

Inhabitábel

35

BVA02

Toda a vida xa non existe

32

BVA09

Luz

32

BVA08

O último que queda

30

ANEXO V

Orixinais premiados

• XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

Obra: Liberata. O santo atrevemento (expediente AC14).

Autor: Iván Fernández Diéguez.

Importe: 8.000 euros.

Puntuación obtida: 47.

Concédese o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2026 ao texto Liberata. O santo atrevemento.

O xurado decidiu, por maioría, propoñer Liberata. O santo atrevemento como merecente do premio Álvaro Cunqueiro pola complexidade da súa proposta dramatúrxica, así como a orixinalidade da temática que aborda. A peza afonda na identidade trans e na relación co propio corpo desde unha mirada trans que lle permite explorar cuestións como a identidade, a violencia, a memoria e a construción social do xénero. E faino a través dunha escrita de forte dimensión poética, en que a palabra adquire un especial protagonismo e contribúe a construír un universo propio, tanto no plano simbólico como no visual, cun notable potencial escénico.

O xurado salienta, así mesmo, o especial coidado da lingua, que reforza a personalidade literaria da peza e a súa identidade. O resultado é unha proposta singular, cunha voz propia e unha dramaturxia complexa, capaz de combinar a exploración íntima do corpo e da identidade cunha reflexión máis ampla sobre a memoria, a violencia e os mecanismos sociais de construción do xénero.

• XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil.

Obra: O traballo do lobo (expediente MM07).

Autor: José Fernando Castro Paredes.

Importe: 6.000 euros.

Puntuación obtida: 51.

Concédese ao texto O traballo do lobo o premio Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil 2026.

O xurado, por maioría, resolveu propoñer O traballo do lobo como merecente do premio Manuel María pola orixinalidade e a notable calidade dramática dunha obra escrita con frescura e lucidez actualizando e revitalizando o rico legado dos contos tradicionais. Tomando como punto de partida personaxes e relatos do imaxinario popular, formula unha reinterpretación tan sorprendente como contemporánea, vertebrada sempre a través dun humor incisivo e intelixente.

A arquitectura do texto destaca por unha estrutura sólida e por uns diálogos áxiles que dan vida a uns personaxes ben construídos. Esta combinación non só capta o interese do espectador desde o primeiro instante, senón que sostén a tensión dramática mediante un ritmo vibrante, xiros situacionais imprevistos e unha constante estimulación das expectativas do público.

A proposta sobresae tamén pola súa capacidade de combinar o entretemento coa reflexión, cuestionando as convencións sociais e estereotipos arraigados, sen incorrer en solucións previsibles nin en discursos moralizantes. Esta multiplicidade de capas de lectura outórgalle á obra unha certa transversalidade, facéndoa plenamente accesible e estimulante tanto para o público infantil como xuvenil.

• XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infancia e mocidade.

Obra: O que virá e o ninja (expediente BVIM05).

Autor: Juan Carlos Losada Galiñanes.

Importe: 6.000 euros.

Puntuación obtida: 48.

Concédese ao texto O que virá e o ninja o Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2026, modalidade infancia e mocidade.

O xurado, por maioría, decidiu propoñer O que virá e o ninja como gañador do premio Barriga Verde, na modalidade para a infancia e a mocidade, por ser unha proposta que destaca pola súa orixinalidade, a variedade de recursos, o humor e a capacidade para construír un universo escénico singular. A viaxe de dous heroes na procura dunha resposta a unha das grandes preguntas da infancia –a incerteza ante o futuro– articúlase mediante unha liña de acción sinxela e eficaz que serve de escusa para ir saltando dunha situación e dunha paisaxe a outra. Nese percorrido, os elementos dun parque cobran vida e convértense en personaxes pintorescos: estatuas que falan, un neno ninja, Rosalía, Lorca, Valle-Inclán, as Marías, ras, curuxas e outros seres insólitos. A fantasía, o humor e a localización nun espazo recoñecible fan da peza unha proposta especialmente acaída para o público infantil e para o teatro de monicreques, ofrecendo, ademais, unha alternativa lúdica e gozosa, afastada de intencións moralizantes.

O texto está ben escrito e presenta unha lingua correcta e rica, cun vocabulario especialmente axeitado para o público infantil. Ten ritmo, bos momentos de diálogo e un interesante xogo coa repetición sonora, ao tempo que a musicalidade dos diálogos contribúe a crear unha atmosfera dinámica e suxestiva. A variedade de recursos e a riqueza do imaxinario abren múltiples posibilidades para pensar a escena: sombras, monicreques de luva, marionetas de fíos ou de vara, e diferentes solucións visuais e sonoras. En conxunto, é unha proposta completa, divertida e con personalidade, que combina variedade e sinxeleza, humor e riqueza formal, e que ofrece amplas posibilidades para a creación dun espectáculo visual, sonoro e esencialmente lúdico.

• XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade persoas adultas.

Obra: O timbre (expediente BVA04).

Autor: José Luis Baños de Cos.

Importe: 6.000 euros.

Puntuación obtida: 41.

Concédese o Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2026, modalidade persoas adultas, ao texto O timbre.

O xurado, por maioría, acordou propoñer O timbre como gañadora do premio Barriga Verde, na modalidade para adultos. O texto, a xuízo do xurado, compón un discurso existencialista a partir dunha escena cotiá, con personaxes aparentemente anódinos que se revelan profundamente sufrintes. O malestar do individuo contemporáneo, a soidade das sociedades hiperconectadas e a súa paradoxal incapacidade para comunicarse van aparecendo nuns diálogos cargados de enigmas que sosteñen con eficacia esa tensión dramática. O autor constrúe unha atmosfera inquietante e suxestiva arredor dunha historia chea de incógnitas que, con acerto, evita resolver ou explicar, preservando así o seu misterio. As actitudes dos personaxes, aparentemente pasivos ou inertes, resultan coherentes cos bonecos ou obxectos inanimados que os encarnarán.

O xurado valorou a valentía dunha proposta diferente, que non encaixa coas formas habituais do xénero, mais vai cobrando vida a medida que a acción avanza ou, mellor dito, afoga os seus personaxes na parálise. Os obxectos do cotián cobran un especial protagonismo nun texto que debe ser entendido desde unha perspectiva ampla do que adoita coñecerse como teatro de formas animadas ou obxectos.